ÁREA é unha empresa do sector da construción cun equipo técnico e profesional que conta cunha ampla experiencia en todo tipo de obras de construción: edificación, rehabilitación e obra civil, tanto no sector público como no privado.
O noso equipo interveu na execución de edificios residenciais, vivendas unifamiliares, rehabilitacións e en obras a pequena escala como reformas interiores, instalación de ascensores e mantemento de edificios.
Así mesmo, participou na execución e conservación de grandes obras de infraestructuras do transporte como estradas e autovías, en obras de abastecemento, saneamento, urbanizacións e incluso no ámbito das enerxías renovables no desenvolvemento de parques eólicos.
ÁREA está presente en todo o proceso de construción, desde a fase inicial de proxecto ata a execución final de obra, co obxectivo de conseguir sempre un resultado coa máxima calidade, acompañada dun forte compromiso social e medioambiental.